O segundo equipo cadete do Xiria segue invicto no que va de tempada. Unha vez máis as rapazas do Xiria se impuxeron na pista dende os primeiros compases do partido.
Unha alta efectividade defensiva sumada a unha boa cohesión no ataque deron un bo inicio as de Bergantiños, que chegaban o descanso (7-20) con participación de todas as xogadoras.
De volta no 40×20 o Atlántico apostou por unha defensa moi presionante, dificultando a estructuración das accións ofensivas do Xiria. Axiña comezaban a recortar distanzas no electrónico cando un tempo morto no minuto 40 serviu como chamada á calma e comezou o xogo sen balón, volvendo a recuperar os tantos de vantaxe con facilidade. O encontro continuaba a súa tónica ata o final (20-41), que certificaba a vitoria do Grupo Lemaco con reparto de tantos.
Agora o Lemaco B dispón dunha semana de descanso antes de enfrontarse o gran rival do Grupo, o Culleredo A, a finais de mes.


