As rapazas do grupo cadete tiveron visita do Brigantium B no Vila de Noia, equipo que aínda non logrou puntuar na liga. O comezo do encontro xa tomou cores verdes ante a imposibilidade de parar as penetracións da primeira liña carballesa, que sumado a contundencia da defensa deixaba case a cero a portería local nos primeiros quince minutos do encontro. Os trocos non baixaron o ritmo e mantiveron a intensidade ata chegar o (19-6) no descanso.
A segunda parte seguiu a liña da primeira ata os derradeiros dez minutos, onde o Brigantium por fin atopaba portería para sumar no marcador, chegando ó (38-14) no remate.
A virotia con reparto de tantos deixa ó Xiria na sexta praza con 14 puntos a tres citas do final, pero tan só 4 puntos as separan do segundo clasificado nunha liga moi contestada. Agora o Grupo Lemaco B se desplaza ata Sanxenxo para encarar a un rival directo cargadas de boas sensacións.


