O grupo cadete do Xiria viaxaba ata Santa Comba para encarar partido ante Xallas na tarde do sábado. As carballesas, coa rotación xusta por mor das baixas deportivas, acadaron a vitoria con alto desgaste físico.
CARBÓNICAS LANDEIRA BM XALLAS 21 – 30 GRUPO LEMACO XIRIA B
O encontro comezaba de cara para o Xiria, que axiña lograba o (3-12) con contundente intervención da defensa e portería. Sin embargo, a falta de rotación e a enorme cantidade de erros de lanzamento mantiveron as distanzas no marcador ata o descanso (9-18).
Na segunda metade o Xallas lograba penetrar a defensa visitante con 1×1 da primeira liña. Pola contra, non quedaban folgos nin rotación no equipo carballés despois de que Mara quedara relegada ó banco tras un forte golpe. O cansanzo fixo acto de presencia mediante numeros fallos de lanzamento e erros non forzados. Con apenas o 50% de acerto de cara a portería, o Xallas achegouse no electrónico ata o minuto final (21-30).
O sufrido encontro deu rédito as cadetes, que seguen no segundo posto da Liga. Agora as cadetes teñen unha semana para recuperar folgos e afrontar o partido en Coruña ante Brigantium