GRUPO LEMACO XIRIA: 30 – OAR CORUÑA: 22

CADETE DIVISIÓN DE HONRA

Grupo Lemaco Xiria: 30 (14+16) Antonio, Carlos (11), Gabriel (3), José (4), Dani, Iván (7), Alex – Equipo inicial – Souto, Tito (3), Xurxo (1), Borja (1), Andrés.

OAR 22 (12+10): Bao, Diego (1), Alejandro (2), Mario (4), Iago, Rosende, Sergio (9) – Equipo inicial – Darío, Pablo (1), Raul, Marcos, Enrique (1), S.López (4), Brian.

O grupo Lemaco Xiria, recibía no derbi ao OAR da Coruña coa ilusión de acadar unha nova victoria que lle permita seguir na loita polas prazas que dan acceso ao campionato de España. O envite, comenzaba con dominio visitante e con un Xiria apagado e descoñecido polo pouco ritmo do seu xogo, que xa encaixaba no minuto 5 un parcial de (1-3). Apenas tardou o OAR outros cinco minutos en encaixar o mesmo parcial, tempo no que o partido se establecía nunha manifiesta igualdade (8-8 minuto 20).

Sin moita vistosidade, pero con un maior rigor defensivo, os carballeses, estableceron un 6-4 nos últimos dez minutos da primeira parte, feito que lles levaba a dominar o encontro ao descanso por unha ventaxa de dous goles (14-12). Non foi ata mediada a reanudación cando os bergantiñáns romperon o partido e, basandose na velocidade, adquirir unha vantaxe que xa ía ser definitiva para os intereses locais (20-16). A partires de eiquí, a actividade defensiva continuou aumentando na retagarda dos de Carballo e no posicional, a primeira liña encontraba espacios efectivos cara a portería contraria para os seus lanzadores, que estaban a ser infalibles nestes intres. O último parcial de 4-0, con un OAR fatigado, foi definitivo para matar un partido que xa estaba gañado dende moito antes e conseguir os dous puntos en xogo que manteñen na loita do segundo posto ao Grupo Lemaco.

A semana que ven, o conxunto de Xiria terá unha final contra un rival directo, o Teucro de Pontevedra, que agora mesmo ocupa a segunda posición da táboa clasificatoria. A victoria, significaría achegarse ó seu rival a tan só un punto e seguir ca ilusión de adquirir praza para o campionato de España ó final da liga O encontro disputarase no Carballo Calero o próximo Domingo 09/03/2014 as 11:15h.