GRUPO LEMACO XIRIA: 31 – SD TEUCRO: 32

Grupo Lemaco Xiria: 31 (15+16) Antonio, Carlos (10), Gabriel (4), José (4), Borja, Iván (7), Juanca (6) – Equipo inicial – Souto, Alex, Alberto, Dani, Tito, Andrés.

SD.Teucro: 32 (18+14): Andrés, Jacobo, Marcos (3), Sergio (5), David (5), Oscar (3), Alex (5) – Equipo inicial – Manuel, Altirribia (6), A.Rey, Paz, Estevez (2), Javi (3), Edu.

O Grupo Lemaco Xiria, perdíu boa parte das opcións de acadar praza para o campionato de España ó remate da liga regular. O encontro, que lle enfrontaba ao Teucro no Carballo Calero, era vital para as aspiracións dos carballeses, xa que os de Pontevedra, rivais directos pola loita da segunda praza, superaban aos verdibrancos por tan só tres puntos na táboa clasificatoria.

O envite comenzou cos de Xiria ofrecendo moitas facilidades na retagarda, pouco contundentes e deficientes na basculación defensiva, feito que facilitaba a circulación de balón e os lanzamentos sinxelos dende os extremos por parte dos teucristas. Os erros non forzados, voltaban a ser un mal crónico dos locais e as cinco perdas de balón máis os dous penaltis errados neste primeiro tempo, propiciaban un parcial de 1-4 no meridiano que poñía as cousas moi costa arriba para os bergantiñáns.

Os visitantes, souperon xestionar esta diferencia (5-9) ata o remate da primeira parte e conseguiron marchar aos vestiarios cunha cómoda ventaxa que lles poñía o partido en franquicia cara a reanudación (15-18). A segunda parte, comenzaba como rematara o anterior acto e un 2-4 de parcial nos primeiros cinco minutos, poñía as cousas moi negras para os intereses dos de Carballo (17-22). Si o Grupo Lemaco quería ter opcións de entrar de novo no encontro e loitar polo triunfo, esto pasaba por aumentar a intensidade e a eficacia defensiva e foron as paradas do gardamallas Souto as que alentaron os seus compañeiros para que, nos seguintes minutos, a retagarda verdibranca actuara con novos folgos.

De este xeito, os xogadores de Xiria, conseguían subir as táboas ó marcador con quince minutos de xogo por diante (27-27), as espadas estaban en todo o alto. Os últimos minutos foron de infarto, de alternativas no electrónico, ata que, as situacións de 1×1, deron unha diferencia definitiva aos de Teucro para levarse os dous puntos. Con este resultado, o conxunto do Xiria sigue a ocupar a quinta praza da clasificación, inda que xa cunha diferencia da segunda, que precisamente ocupa a SD.Teucro.

A semana que ven, o Grupo Lemaco Xiria viaxa a unha pista moi complicada para enfrontarse a outro rival directo por escalar posicións, o Luceros de Cangas. Os de Carballo, intentarán conseguir a victoria para seguir soñando cos postos altos da táboa, ante os duelos directos que todavía quedan por disputar.