GRUPO LEMACO XIRIA 26 – ACADEMIA OCTAVIO “A” 24

XORNADA 1

07/10/2012

Grupo Lemaco Xiria: 26 (13+13): Buño, Iván Campos (11), Diego (1), Enrique (7), Dani (3), Borja, Lolo (2) -equipo inicial- Iván Calvo, Gabriel (1), Pablo, Pereira (1), Álex, Andrés, Manuel.

Academia Octavio “A”: 24 (11+13): Yoel, Rubén (3), Cerqueira (3), Adrián, Dani (7), Andrés (5), Iago (3) -equipo inicial- Borja, Víctor, Álvaro,Diego, Óscar(3).

Colexiados: Fernando Eiras e Fernández Costa.

Primeira xornada da competición ligueira na División de Honra Cadete masculina e traballada vitoria do Grupo Lemaco Xiria contra un dos candidatos ao título final. Facía tan só oito días que o equipo olívico vencera por un gol ós bergantiñáns na Copa Federación, pero nesta ocasión os de Xiria souperon xogar moito mellor as suas bazas, sobre todo nos segundos trinta minutos, onde dominaron o envite de principio a fin.

Na primeira parte puidemos apreciar un partido de poder a poder,sen un claro dominador. As alternacias no marcador eran constantes ata que unha exclusión dos visitantes posibilitaba que o Grupo Lemaco alcanzara unha importante renda nos instantes finais 12-8. Pero a cousa non ía quedar así e nunha superioridade numérica, agora do Octavio, un 1-4 de parcial o seu favor establecía o definitivo 13-11 no tempo de descanso.

Na reanudación e sufrindo unha e ata dous defensas mixtas, os de Xiria souberon xogar moito mellor co tempo de partido. A defensa estivo moito máis contundente e concentrada e as perdas de balón da primeira parte non se repetiron neste tempo. Notouse moito oficio nos cadetes de Xiria, elixiron correr no momento preciso e pausar o xogo cando era conveniente, xogar todas as situacións con calma e escoller a mellor opción no ataque posicional. Todos estos factores foron os que axudaron ao equipo a conquerir esta primeira e importantísima victória.

A vindeira fin de semana, outro rival dos que forman a terna de favoritos ó título final espera en Pontevedra, o Teucro, clube histórico no noso país e que será un dificil rival para os nosos, pero tamén un bonito reto para ver de novo a estes cadetes en acción.