Hierros Varela Acada a Praza de Play-Off con Claridade

O Hierros Varela, tras os nefastos primeiros resultados, viña obrigado a gañar para quedar terceiro de grupo e obter o pase ó Play-Off, xa que quedar último significaba quedar eliminado da Fase de Clasificación.

Xa no comezo do partido o grupo cadete erraba cinco lanzamentos seguidos de forma catastrófica deixando un parcial en contra de 0-2, pero a intensidade dos locais fíxose notar e axiña recuperaron os mandos do partido. A intensa defensa con moita profundidade do conxunto verde impodía que os visitantes se aproximaran a portería e contruíran o seu xogo. Non deixaron oportunidade a uns visitantes que sufriron reiteradas desposesións de balón con sendos contraataques. De pouco serviron os tempos mortos do Meaño na primeira metade, que mantiña cores locales ata a chegada a vestiarios (26-6).

Na segunda etapa do encontro, o Meaño moveuse moito mellor sen balón e conseguiu perforar unha defensa carballesa moito máis apagada, malia que os trocos e uns folgos renovados devolveron ó Xiria a intención de pechar a cancela. Sucedéronse os roubos de balón e os contraataques ata o final de partido, onde se acabou parando o marcador por diferenza de goles (47-17). Un sólido encontro con reparto de esforzos e tantos por parte dos locais que encauza ó equipo cara o Play-Off de outubro e calma as malas sensacións dos lances anteriores.

Agora toca prepararse a fondo para unha fin de semana complicada que decidirá a Liga de competición do Hierros Varela esta tempada.