Hierros Varela Urbieta cae pola mínima no partido determinante da segunda volta

Hierros Varela Urbieta cae pola mínima no partido determinante da segunda volta

O enfrontamento ante Línea21 A e os cadetes do Xiria na penúltima xornada de liga ben podería esclarecer o resultado da clasificación final. Co partido da primeira volta en Mesoiro (25-31) a prol dos carballeses e con máis puntos que os de Coruña, o Xiria proclamaríase campión de grupo se lograba puntuar no Vila de Noia.

O Hierros Varela comezaba con bo pé, cunha 5:1 profunda e acadando máis goles de transición que posicional, chegando a un tempo morto visitante con boas expectativas (6-4). Pero a ledicia non duraría moito, xa que un acertadísimo Derek era quen de atopar ocos nas filas verdes e forzaba a baixar a unha defensa 6:0 con moita profundidade sobre lateral dereito. O cambio funcionaba, pero o Xiria non atopaba situacións de lanzamento sinxelo ante a compacta defensa dos coruñeses, chegando ó descanso por debaixo no marcador (15-17).

Na segunda metade as cousas non foron mellor para os locais, que utilizaban moita axuda para evitar o lanzamento exterior e as fintas do artilleiro visitante, xerando numerosas situacións de superioridade numérica. As cinco exclusións encadenadas axudaron moito no aumento da distanza no marcador ata un perigoso +5, pero cunha acertada volta ó 5:1 e os numerosos roubos de balón, o Xiria se prantaba no tempo morto a prol do 59:14 con dous tantos en contra e con posesión. Tras marcar gol e forzar a un lanzamento precipitado dos visitantes, o Xiria se atopaba con 12 segundos restantes para executar un lanzamento a porta que nunca se produciu, perdendo a primeira oportunidade para quedar campións de grupo.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA 32 – 33 BM LINEA21 REFORMAS CORUÑA SL 2021

Os cadetes non foron quen de frear a un Derek que sumaba 16 dianas e innumerables superioridades. Agora con dous puntos, golaverás a favor e un partido disputado máis que os coruñeses, o Xiria agarda a derradeira xornada ante Culleredo, rival extremadamente complicado, para lograr os dous puntos que otorguen o éxito ós rapaces de carballo. Afortunadamente, aínda dependen de sí mesmos para lograr o obxectivo.