Hierros Varela Comeza a Fase de Liga con vitoria

Hierros Varela Comeza a Fase de Liga con vitoria

A defensa en profundidade do equipo cadete en Arteixo deu moitos problemas no inicio do partido no bando local, chegando rápidamente a un parcial moi positivo para os de Carballo, que encadenaban numerosas recuperacións con acerto no ataque posicional (3-8). Pero o porteiro do conxunto amarelo fixo acto de presenza de forma incontestable mentres que o Xiria, con excesiva profundidade para recuperar balóns, deixaba espazos enormes que aproveitou o Arteixo para achegarse pouco a pouco no marcador, ata chegar o empate no descanso (15-15).

Na segunda metade o Hierros Varela continuaba a errar lanzamentos de forma sistemática despois de lograr situacións cómodas de lanzamento mediante o xogo colectivo, dando os mandos do encontro a un equipo liderado por un Mateo Cernadas moi difícil de defender. Sin embargo, o acerto volveu ó cadro verde, que lograba a vantaxe preto do final do encontro, acadando a vitoria nos derradeiros compases (31-33) para levar os puntos de volta a Carballo.

Agora os cadetes deben preparar un encontro moi difícil ante o CP Lucense, que ven de gañar cómodamente na primera xornada ligueira.