Hierros Varela logra dous puntos moi importantes ante un rival forte

Hierros Varela logra dous puntos moi importantes ante un rival forte

Os cadetes do Xiria recibiron na mañán do domingo a un Abegondo que chegaba como terceiro clasificado para ofrecer un partido intenso que non defraudou a ninguén.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA 41 – 34 BM ABEGONDO OPEMAT

https://www.youtube.com/live/8oW8n539BV4

Xa dende o pitido inicial os visitantes amosaron un bo xogo colectivo e alta velocidade nas súas accións, plantexando problemas a unha defensa carballesa que lle costaba manter o ritmo e desplazamentos. Pola contra, o Xiria respondía a cada acción dos rivais con contraataque ou contragol, resolvendo con contundencia e imprimindo un ritmo frenético no encontro. O Hierros Varela continuaba con accións claras en ataque para acadar unha crecente vantaxe, que medraba ata a chegada do interludio (19-14).

Na segunda metade os locais non tiveron un bo inicio, marcado polas perdas non forzadas de balón. O Abegondo non tardou moito en recortar a vantaxe ata os dous tantos grazas a numerosos contraataques en primeira oleada, forzando a un tempo morto no banco local e a realización de trocos nas filas verdes.

Unha vez máis, o Xiria estabilizou o seu xogo e volveu a boa senda, malia que a defensa non foi quen de parar todas as tentativas de un rival con peso. O intercambio de goles favorecía ós locais, que ampliaron a súa vantaxe, especialmente nos derradeiros minutos, para chegar a un cómodo final (41-34) e poñer cinco puntos de diferencia entre ambos conxuntos.

Agora a semana de descanso de competicións da un respiro a un equipo cadete que se prepara con seriedade para o duelo pola primeira praza ante o Línea21 A, que conta os seus partidos por vitorias da misma maneira que o Xiria. Aínda que resta toda a segunda volta, o seguinte partido xoga un papel fundamental no resultado da competición.

Árbitro: André Pena Muíños