A visita a Oleiros dos cadetes ante un Atlántico en horas baixas comezou cun parcial amplio para os visitantes de (2-8), deixando pouca dúbida. Os trocos e a relaxación non sentaron ben nos derradeiros minutos da primeira metade, que permitiron ós locais aproximarse no marcador ata o (13-20) do minuto 30.
Na segunda parte e coas ideas máis claras, o Xiria volveu a traballar moito de pernas en defensa, cortando as liñas de pase e transformando con facilidade en contraataques de primeira oleada, poñendo terra de por medio con velocidade. O resultado final (20-44) otorgan con claridade os puntos a un superior Xiria na pista, pero que non resta mérito o ben facer do Atlántico na primeira metade.
Agora o grupo cadete encara a parte decisiva da Fase Ligueira, encarando nas seguintes xornadas a Abegondo e Línea21-A, con que actualmente manteñe o pulso para acadar a primeira praza.
BALONMANO ATLÁNTICO 20 – 44 HIERROS VARELA URBIETA XIRIA


