Hierros Varela suma e sigue

Hierros Varela suma e sigue

Os cadetes chegaban a Mesoiro o sábado para medirse ante o Línea21 B, que viña de gañar con solvencia o anterior encontro da fase ligueira. Xa dende o comezo os de Carballo impuxeron o seu xogo en defensa, cunha actuación moi efectiva de todos os membros xunto cun afinado Iker en portería. A pesar de que o ataque tivo problemas iniciais ante a 3:3 proposta polos locais, axiña reaccionaron para poñer terra de por medio e chegar ó descanso cun amplio marxe (11-19).

Na volta á cancha o encontro subiu de revolucións cunha maior anticipación defensiva por parte de ambos conxuntos, pero o Xiria mantivo a efectividade en defensa mentres comezaba a xerar situacións máis claras mediante accións colectivas. O encontro xa estaba definido moito antes de finalizar (25-45), pero o Línea21 deixa boas sensacións para a revancha co equipo A, que acontecerá a mediados do mes que ven de novo en Coruña.