Hierros Varela Urbieta e Calvo Xiria, xóganse as súas opcións

O Calvo Xiria móvese cada fin de semana sen posibilidade de erro dado o apertado da clasificación e este Sábado ás 20:30 terá un novo reto e dos máis esixentes. Os de Carballo visitan o municipal de Chapela, un dos campos máis complicados da categoría e enfrontaranse a un conxunto cun plantel de luxo que conta con xogadores antropométricamente sobresaintes.

Os bergantiñáns terán que superar todas as adversidades que se lles acumulan en forma de lesións ou doenzas e os xogadores deberán de facer un esforzo titánico para participar e axudar ao equipo nas tarefas que poidan. A retagarda e a velocidade dos verdinegros, será clave para competir contra un equipo con gran potencial de lanzamento.

Penúltima xornada da primeira autonómica feminina e o Goldie Xiria viaxa a Redondela para enfrontarse á SAR Ledisson. O partido disputarase o sábado ás 20:30 no pavillón da Marisma. As de Carballo teñen como obxectivo tentar sacar os 4 puntos que quedan por disputar e subir un posto na clasificación. Tarefa nada sinxela polas dificultades que están a atravesar este último mes; aínda que non queren buscar escusas e loitarán ata o final.

Comeza a competición de Copa para o Laber Xiria, que quedou encuadrado no Grupo II co Balonmán Porriño, que visitará Carballo este domingo a partir das 10:30 no Vila de Noia, o Balonmán Cisne, A Sd Teucro, Balonmán Carballal e Balonmán Lalín. Grupo forte no que o  Laber se marcará o obxetivo de ir consolidando o equipo para a próxima tempada.

Por outra banda, os cadetes do Grupo Lemaco Xiria preparan a primeira xornada da Copa Federación contra o Rasoeiro Tecfrisa. O partido disputarase ás 10:15 do sábado no Vila de Noia. Unha competición que ten como obxectivo principal, dar máis responsabilidade a todos os xogadores e forxar de carácter competitivo e máis regular dentro do grupo.

Os infantís do Garaysa Xiria tamén se enfrentará ao Bm Porriño. Será o
Domingo as 12:15 no pav. Ceip Fogar na competición de Copa. Os infantís afrontan esta competición despois da súa fantástica tempada na liga co obxectivo de crecer como grupo cara o ano que ven e mellorar a nivel individual.

Tamén as infantís de Punta Del Este Xiria inician a competición de Copa e neste caso farano fronte ao  Cafetería Tato Bm Lavadores, un equipo moi forte que xa foi quen de vencer as carballesas fai ben pouco. O partido será o Sábado as 12:15 no pav. Ceip Fogar. Competir na DH fixo posible que estas rapazas mellorasen moitísimo con respecto ao inicio do curso e o obxectivo do grupo e continuar crecendo nos enfrontamentos cos mellores conxuntos galegos.

O Hierros Varela Urbieta feminino que esta tempada participo una 2ª Cadete Feminina, xogará este fin de semana a Fase Final da categoría en Moaña. As de Carballo, cun plantel de primeiro ano, esperan poder refrendar a excelente tempada cunha vitoria nesta importante fase de tres días. Os encontros serán os seguintes:

  • Bm Moaña – Xiria Hierros Varela Urbieta
    Venres 29/03, 19:00, pav. O Rosal, Moaña
  • Xiria Hierros Varela Urbieta – Bm Tui
    Sábado 30/03, 13:00, pav. O Rosal, Moaña
  • Xiria Hierros Varela Urbieta – Bm Brigantium
    Domingo 31/03, 11:30, pav. O Rosal, Moaña

Os infantís do Marmolería José Rey Xiria, xogarán a xornada 5 da Fase Final Norte de  2ª Infantil  fronte o conxunto do Arteixo Telepizza. Será  o Domingo as10:30, pav. Ceip Fogar. Os rapaces siguen acumulando minutos de xogo que lles aporte a mellora necesaria para que o ano que ven, xa na DH, as súas prestacións aumenten, xa como están amosando co transcorrir desta campaña.

En categoría alevín, volve o BM7 e o Xiria Metalúrgica BB enfrentanse ao seu veciños do Bm Xallas o Sábado as 10:30 no pav. Ceip Fogar. Despois de algunas semanas sen puntuar nesta competición, os de Carballo desexan voltar a senda da vitoria e sobre todo, mostrar una melloría tanto no xogo de balón no ataque posicional, como na defensa en canto a marcaxe do oponente directo.