IFECGÁS PEREIRA XIRIA 19- U BM LAVADORES 28

Ifecgás Pereira Xiria 24 (14+10): Naya, Iván (5), Zas (3), Iago (1), Pombo, Óscar, Dani (4) -equipo inicial- Nástor, David (4), Antón (1), Brais (1)

U Bm Lavadores 28 (16+12): David, Álvarez (2), Aarón (4), Pablo (7), Bruno (4), Tomás (2), Iago (4) -equipo inicial- Alfredo (1), Nico (2), David R., Brais (2), Antonio

Colexiado: José I. Pereira Navaza. Mala arbitraxe, aínda que non influiu no resultado final.

Xogaba o Ifecgás Pereira Xiria o partido aprazado da 15ª xornada contra o Lavadores de Vigo. Os carballeses partían coa ilusión de conseguir dous importantes puntos cara a tranquilidade definitiva e para non pasar riscos no final de liga, pero a realidade foi ben distinta, xa que os de Carballo daban de novo, fronte a un equipo previsible e lento, unha imaxe de indolencia e falta de intensidade.

O Ifecgás Pereira comezou o encontro despistado e frío fronte un equipo que se mostrou moi superior no seu caracter competitivo. Os de Vigo atopábanse con un Xiria que lles servía o encontro en bandexa e un 8-16 no descanso deixaba be claro que ía unha mañá complicada para os de Carballo. O Lavadores non mostrou grandes alardes no seu xogo, máis ben todo o contrario dando moitas facilidades en tarefas defensivas e mostrándose moi individualista no xogo de ataque, pero a súa intensidade foi suficiente para retirarse os vestiarios con esa clara vantaxe.

Na segunda metade o xogo do Ifecgás Pereira non mellorou en exceso, simplemente reducíronse de forma clara as perdas de balón e os erros absurdos da primeira metade. Isto e os erros que tiñan os olívicos no seu ataque propiciaron que os carballeses se acercaran no marcador parcial e que esta segunda parte rematase 11-12.

Ao final, un deshonroso 19-28 nun partido lento e feo no que en ningún momento se viu bo xogo por parte de ningún dos dous contendentes.