Ifecgás Pereira Xiria 21 (11+10): Naya, Iván (4), Zas (4), Néstor, Pombo (1), Óscar (2), Dani (4) -equipo inicial- Iago (1), Brais (2), David (3),Antón
Caixanova Octavio 36 (21+15): Diego, Pablo (6), Ramón (4), Fernando (9), José (5), Mouriño (3), Miguel (2) -equipoinicial- D.Pérez (3), Carlos, Jesús (2), Iván, David (2)
Colexiados: Inocencio Pérez e Antonio. Non estiveron ben,inda que non influíron no resultado final.
Visitaba a pista carballesa, para disputar a 17ª xornada da División de Honta xuvenil, o potente Caixanova Octavio de Vigo, lider invicto da competición e un equipo que é unha selección dos mellores xogadores da comunidade coa esixencia de facerse co título. Pero o equipo carballés, despois das últimas xornadas onde encadeou catro vitorias de xeito consecutivo consecutivo, tiña moita ilusión de enfrontarse ao equipo vigués e facer un bo papel. A realidade, en cambio, foi ben distinta, xa que os locais comezaban o encontro con pouca intensidade. O Ifecgás Pereira iniciou o encontro despistado e frío fronte a un equipo que se amosou moi superior no seu carácter competitivo e no seu bo facer en todas as facetas do xogo. A superioridade dos de Vigo era manifiesta, aínda que se antollaba excesiva, sempre e cando os de Carballo puxeran un pouco de concentración e gañas por competir e despregaran o xogo que de sobra sabemos que poden facer. Víase ben ás claras que o partido ía ser moi complicado para o Ifecgás Pereira. O Caixanova Octavio era moi contundente nas tarefas defensivas e a verticalidade dos seus xogadores no contraataque era letal. No ataque posicional o xogo disciplinado a través de procedementos facía o resto para deixar noqueado ao descanso aos locais cun avultado 11-21.
Na segunda metade o xogo do Xiria mellorou coa incursión dos seus xogadores cadetes. A intensidade aumentou de forma considerable, David facía moito dano cos seus lanzamentos dende o lateral e o ataque posicional adquiría moito máis sentido e mobilidade da man de Iago. Isto propiciou que os de Carballo recurtaran diferenzas e plasmaran no marcador unha distancia máis cercana á realidade entre os dous equipos. O parcial de 10-15 na reanudación fala dun resultado e un xogo moito máis vistoso para os bergantiñáns, aída que o contundente 21-36 final é un resultado que podería ter sido moito máis honroso.
Na próxima fin de semana o Ifecgás Pereira Xiria disputará unha dobre xornada medíndose o sábado ao Lavadores, encontro aprazado da 15ª xornada, e o domingo á SAR Peguform de Redondela en encontro da 19ª xornada. Ambos partidos a disputar en Carballo.