Ifecgás Pereira Xiria 25 (11+14): Néstor, Iago (6), Zas (3), Antón (1), Pombo (3), Óscar (5), Dani (2) -equipo inicial- Naya, Brais (5), David
Bm Cisne Grupo Pirsa 29 (12+17): Picallo, Alberto (8), Ignacio (3), Henrique (4), Pablo (10), Monteagudo (2), Ricardo (2) –equipo inicial- Juan Carlos, Roberto, Daniel, Julián, Javier.
Colexiados: Manuel Docampo e Julio López. Cometeron numerosos erros e despistes, pero sen influencia no marcador.
Dificil partido o que disputaba o Ifecgás Pereira Xiria na 20ª xornada da División de Honra xuvenil. Á xa complicada tarefa de enfrontarse ao 3º clasificado uníanse as importantes baixas coas que contaba o equipo carballés. Os dous lanzadores do equipo, Iván e o cadete David, eran baixa por lesión e gripe respectivamente, e ademais tamén se encontraba mancado Naya, o único porteiro do equipo, polo que o xogador de campo Néstor tiña que ocupar a meta do equipo.
A pesar destes contratempos, e de que os xogadores cadetes que xogan co equipo xuvenil viñan cansos xa que acababan de disputar sesenta minutos no encontro de categoría cadete, o Ifecgás fixo un bo partido. O equipo carballés amosou un notable caracter competitivo que levou aos rapaces de Fernando Vázquez a plantarlle cara a ao terceiro clasificado. Así chégabase ao intermedio cunha renda favorable aos pontevedreses de tan só un gol, 11-12.
Na reanudación, os locais pegaron un arreon e chegaron a poñerse por diante no marcador de dous e ata de tres goles, o que facía albergar esperanzas cara o final, pero tres exclusións case consecutivas daban ao traste coa vantaxa adquirida, e foi o Cisne quen, con dous xogadores máis na pista, lle daba a volta ao electrónico. A defensa presionante que facía o Ifecgas Pereira só servía para reducir a vantaxe ata o 25-29 final que deixa aos de Carballo nunha delicada situación clasificatoria.
Na vindeira xornada o Ifecgás Pereira Xiria visita a pista do Atl Novás Mecalia, nun encontro crucial para evitar que o Camariñas os poida adiantar na clasificación e conseguir así ser o mellor equipo da zona norte.