IFECGÁS PEREIRA XIRIA 28 – ATL. NOVÁS MECALIA 26

Ifecgás Pereira Xiria 28 (14+14): Naya, Iván (3), Zas (9), Néstor, Pombo (3), Dani (3), Óscar (2) -equipo inicial- Boti (1), Antón, Brais (3), Iago (1), David (3).

Atl. Novás Mecalia 26 (13+13): Sergio, Diego (3), César (3), Iago (4), Miguel (2), Mario (7), Iván (5) -equipo inicial- Gabriel, Martín (2), Daniel, Marcos.

Colexiados: Pablo Goitia e Cesar Carballo.Non tiveron un partido afortunado, aínda que non influiron no resultado final.

Non foi un bo partido o disputado polo Ifecgas Pereira Xiria, que, aínda así, acadaba a súa cuarta victoria consecutiva e dous puntos importantísimos que os aupan a zona media da clasificación e axudan a poñer terra de por medio cos postos perigosos da mesma.

O partido comenzou cun Atl. Novás entregado pola causa, xa que se xogaba tanto no envite como os locais, dado o seu posto na táboa clasificatoria, moi preto dos de Carballo e non demasiado lonxe dos postos de perigo. A igualdade foi a tónica xeral da primeira metade e do partido, con dous equipos facendo un xogo feo e con moitas perdas de balón e erros non forzados. A maior calidade, así como as intervencións do seu porteiro, facían que os da casa marcharan ao vestiario cunha mínima vantaxe no intermedio (14-13).

Na segunda metade, os visitantes seguiron a traballar con moito corazón e conseguían unha comoda vantaxe de dous tantos que facía prever o peor. Os de Carballo achegáronse no marcador nos dez minutos finais grazas sobre todo as paradas de Naya e a dúas boas defensas. Isto propiciou que os bergantiñáns tomaran vantaxe de tres tantos nos minutos máis decisivos, e foi entón cando si se aplicaron con maior intensidade no envite e xa non deixaron esa diferencia en ningún momento para plasmar o 28-26 final. Mal partido por parte dos dous equipos e onde o máis valioso son eses dous puntos en disputa que se quedan en terras carballesas.

O próximo encontro que disputará o Ifecgás Pereira será o vindeiro sábado, 28 de febreiro, no Pavillón da Zona Escolar fronte ao potente Caixanova Octavio, líder destacado da competición e equipo aínda invicto.