Ifecgás Pereira Xiria (15+13) 28: Guillín, Angel (2), Sergio (7), Barreiro, Rubén, Fernando, Raúl, Hugo (2), Eloy, Alfredo, Javi Zas (5), Adrián, Aitor (12).
Tecnifont Balonmán Narón (18+9) 27: Diego Serrano, César, Adriano (5), David Gesto, Ivan (3), Daniel Patiño (3), Daniel Sánchez, Alberto Lago (4), David Caneiro, Jacobo (4), Alberto Justo (1), David Castro, Diego Castrillón (7), Javier.
Colexiado: Francisco Soliño Otero. Bastante acertado.
Segunda parte espectacular do Ifecgás Pereira a que puideron ver os preto dun centenar de afeccionados que se acercaron, ás 19:00h do sábado, ao pavillón da Zona Escolar de Carballo, para presenciar o partido que enfrontaba, na décima xornada da Liga de 2ª Autonómica masculina, o Ifecgás Pereira Xiria contra o Tecnifont Balonmán Narón.
O partido arrincou cuns primeiros minutos nos que a igualdade foi a tónica dominante. Pero, pouco a pouco, o equipo de Carlos Piñeiro foise asentando no partido e foi adquirindo unha cómoda vantaxe de entre 3-4 goles produto dos erros en lanzamentos claros e de erros defensivos do equipo carballés. A partir de aí, o Ifecgas Pereira centrouse na súa defensa e en cinco minutos conseguiu reducir a vantaxe cun parcial de 3-0 que deixou o partido nun interesante 14-15 para os últimos minutos da primeira metade. Pero, outra vez, os erros no equipo carballés fíxolles encaixar un 3-1 de parcial que deixou o partido nun 15-18 a prol dos visitantes e caras longas a favor do equipo local.
Pero todo cambiou na segunda metade. O equipo adestrado por Juan M. Rodríguez puxo o mono de traballo e partindo dunha espectacular defensa sobre o ataque 2:4 do Narón conseguiu encaixar só 3 goles en 20 minutos. Circunstancia que fixo que de estar a tres goles do Narón se puxeran os carballeses cunha vantaxe de cinco goles (26-21) para afrontar os últimos dez minutos de partido. Dez minutos onde por momentos o Ifecgás Pereira Xiria deu vida ao seu rival, que pouco a pouco se foi achegando no marcador producto da relaxación e do cansazo. Mais o Ifecgas aguantou a presión e quedouse cos dous puntos en xogo nun partido moi traballado.
Agora, espera unha mestura entre adestramentos e vacacións de nadal ata chegar a xornada 12 que se xogara no campo do Oar da Coruña o vindeiro 13-01-2008.
