IFECGÁS PEREIRA XIRIA 30- E. M. CAMARIÑAS 25

Ifecgás Pereira Xiria: Naya, Dani (1), Boti (5), Ivan (5), Diego (2), Pombo (7), Zas (4) -equipo inicial- Andres, Borja, Nestor, Rodrigo (6), Oscar, Mecias.

E.M. Camariñas: Felix, Diego (1), Caamaño (2), David (2), Christian (2), Barca (3), Xavier Canosa (6) -equipoinicial – Bruno, Ruben, Sergio, Carlos (2), Brais (1), Richard (2), Diego (4).
Colexiados: O colexiado Flores estivo moi mal para os dous equipos.

O Ifecgás Pereira Xiria acadou o título de campión territorial ao vencer onte no pavillón Vila de Noia ao Esc. Mpal. de,equipo que ata esta xornada ía empatado a puntos cos de Carballo. A falta de dúas xornadas para o remate da competición os de Carballo, que aínda teñen que descansar na vindeira xornada, son líderes con catro puntos de vantaxe sobre os camariñáns co que o equipo de Camariñas só podería, como moito igualar co Xiria na clasificación e o golaveraxe particular favorece aos carballeses.

Non xogou un bo partido o Ifecgás Pereira, quen non tivo a boa aportación defensiva dos últimos choques, pero poderíamos dicir que a pesar dos erros a intensidade, que non a atención foi aceptable. Aínda asi os de Carballo foron todo o partido por diante no marcador con curtas vantaxes fronte a un equipo incomodo e altamente competitivo. O marcador ao descanso debuxaba a igualdade no choque cun 14-13 a prol dos locais que mantiña a incertidume cara a segunda parte.

A segunda metade foi parecida a que lle precedeu, pero as accións individuais, que non o bo xogo foron as que fixeron que o marcador final se decantarase a favor dos rapaces dirixidos por Fernando Vázquez por un marcador favorable de 30-25, que como adiantabamos permite aos de Carballo xogar a fase do campionato galego nun posto privilexiado como campións provinciais.