IFECGAS PEREIRA XIRIA 30 – TIRSO DE MOLINA 20

Ifecgás Pereira Xiria: Naya, Borja (4), Zas (6), Rodrigo (3), Andrés, Dani (6), Diego (8) -equipo inicial- Boti, Pombo (1), Ivan, Óscar, Néstor (2).

Tirso de Molina: Angel, Julian (2), Alejandro, Adrián (6), Alexis (6), Javier (2), Mario -equipoinicial- Alejandro A., Alberto Regueiro, Rodrigo (1), Carlos (3), Enrique, Álvaro.

Colexiados: O colexiado Vicente Pérez non influiu no resultado final..

Terceiro partido e terceira victoria do Ifecgás Pereira Xiria na copa. Non fixo un bo partido o cadro carballés, máis ben todo o contrario, pero aínda así e grazas á debilidade do rival retirábase ao vestiario mo intermedio cun 17-11 excesivo polo demostrado no seu xogo. O adestrador carballés deulle descanso a algúns xogadores tocados, pensando no debut dos bergantiñáns a vindeira fin de semana no campionato galego, e aproveitou tamén para ver a xogadores que viñan contando con menos minutos na liga regular e que de seguro van a ser importantes no sector que se vai a desenvover en Camariñas a partir do próximo xoves.

Na reanudación produciuse un incremento na intensidade defensiva que facía que o equipo local ampliara a súa diferenza. Neste momento o Tirso non era quen de frear as acometidas carballesas que superaban aos de Ferrol en todas as facetas do xogo. Un marcador final de 30-20 deixa constancia de de todo isto así como da diferenza entre os dous equipos na actualidade.

Moito vai ter que cambiar o Ifecgas Pereira Xiria a súa atención e actitude se quere ser competitivo a próxima semana contra os mellores equipos galegos.