Ifecgás Pereira Xiria (15+16) 31: Chou, Damián (2), Ricardo (1), David (10), Heitor (2), Ivan, Joaquín (3), Miguel (12), Bisbi, Luis, Jorge (1). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Caixanova Oar (12+17) 29: Miguel, Jaime (1), Rodrigo (3), Angel (14), Julio, Gonzalo (3), De la Torre, Sergio (2), Adrián (4), Alberto (3). Adestrador: Abel Valcarcel.
Colexiados: Julio López. Non influíu no partido.
Revancha. Tras o varapao sufrido na derradeira xornada de liga na que os carballeses perdían o título a mans do Oar este encontro presentábase con aires de revancha no bando carballés.
O equipo carballés estivo moi concentrado en todo momento. Saiu o campo a comerse ao rival a través da súa defensa. O obxectivo do mister Juan M. Rodríguez era encaixar menos de 25 goles. Non se conseguiu esa marca pero si que se conseguir non chegar aos trinta cifra que sempre superaran en anteriores enfrontamentos.
Como dicíamos partindo dunha boa defensa e dunha rápida transición, principalmente en segunda oleada, o Ifecgás Pereira Xiria foise marchando no marcador ata acadar unha renda de 5 goles. Renda que o Oar tentou rebaixar na segunda metade grazas ao seu poderío físico e grazas aos penaltis pitados aos carballeses por defensa interior, ademais de xogar o cadro de Carballo practicamente en inferioridade nos derradeiros 10 minutos de partido por mor das continuas exclisións que sufriron. Pero o Ifecgás soubo sobreporse ao acerto do Oar e aos erros defensivos propios e conseguiu levarse o partido.
A vindeira fin de semana haberá dobre xornada de copa fronte ao Olerios e ao Oar, ambos encontros a domicilio.
