IFECGÁS PEREIRA XIRIA 33 – PROMALAR CANGAS 29

Ifecgás Pereira Xiria 33 (18+15): Naya, Brais (3), Pombo (3), Néstor (1), Dani (6), Iván (9), Óscar (6) -equipo inicial- Iago (2), David (1), Antón(2)

Promalar Cangas 29 (14+15): David, Diego (6), Hugo (6), Aarón (4), Pepe (7), Roberto (1), Cristian -equipo inicial- Iago (3), Piñeiro, Guillermo, Anxo, Óscar, Cid, Urrutia.

Colexiados: Daniel Portela e Tatiana González. Mala arbittraxe, sobre todo no plano disciplinario e no ciclo de pasos. Sacaron de quicio aos dous equipos e ao público.

Partido pertencente á derradeira xornada de liga na División de Honra Xuvenil e que se saldou coa vitoria local logo de cinco xornadas consecutivas perdendo.

Despois dun ano dificil motivado polas baixas no equipo e multitud de contratempos ao longo da campaña, o Ifecgás Pereira Xiria conseguíu, xa hai varias xornada, manter a categoría na División de Honra Xuvenil e rematou a tempada da mellor maneira posible, xogando diante da sua afición, nun partido intenso e no que demostraron unha máis que aceptable competitividade. Os dous equipos mostraron unha batalla noble e igualada, tan só rota polos dous colexiados que se erixiron en protagonistas con vintedúas sancións disciplinarias nun partido sen ningunha brusquedade.

Os locais comenzaron de xeito demoledor, a intensidade defensiva, os contactos, as axudas… eran tan tan altas que os de Cangas non conseguían batir a portería defendida por Naya. Desta forma, Miguel, o adestrador visitante, tiña que pedir un tempo morto ante a avalancha carballesa (4-0). A partir de aquí, o marcador moveuse na igualdade en todo o partido, aínda que sempre con vantaxes de dous e tres goles a prol do Ifecgás Pereira. Ao descanso chegábase co resultado de 18-14, unha diferenza cómoda pero non definitiva dada a calidade do rival.

A segunda parte transcorreu coa mesma tónica, pero, mediada ista, comezou o baile de sancións para os carballeses que estiveron en pista tan só con catro e incluso tres xogadores nalgúns momentos. Aínda así, os de Carballo sacaron a casta, a loita e conseguiron que o Promalar Cangas non se puxera por diante no electrónico.

Ao final, unha satisfactoria victoria dos xogadores carballeses e, o que e máis grato, unha imaxe excelente e bo xogo no remate ligueiro. Desta forma, o Ifecgás Pereira sube un posto na clasificación grazas a victoria do Lalín fronte o Pabellón de Ourense e remata a campaña como oitavo clasificado.