IFECGÁS PEREIRA XIRIA 34 – BM PABELLÓN 20

Ifecgás Pereira Xiria 34 (18+16): Naya, Iván (1), Zas (12), Néstor (2), Alberto (4), Óscar, Dani (6) -equipo inicial- David (3), Antón, Brais (3), Iago (3)

Balonmán Pabellón 20 (8+12): David, Borja (3), Xurzo (2), Tomás (1), Víctor (3), Diego (3), Adrián (4) -equipo inicial- Rubén (1), Manuel, Julio (3), Fernando..

Colexiadas: Angélica e Patricia Comesaña. Non influíuron no resultado final nun encontro sinxelo.

Segundo partido da segunda volta, 13ª xornada de liga na División de Honra xuvenil, e segunda vitoria consecutiva para Ifecgás Pereira Xiria que se impoñía ao equipo ourensá do Bm Pabellón por 34-20. Con este resultado os carballeses ascenden á sétima posición da clasificación e sobrepasan ao equipo de Ourense ao facerse tamén coa golaveraxe particular.

Os locais foron os que levaron a dianteira no marcador dende o principio do partido cunha intensidade aceptable que se viña reclamando dende o inicio da competición. Os bergantiñáns mostraronse moi superiores en todas as fases do xogo e así puideron retirarse ao vestiario no intermedio cunha xa ampla vantaxe de 10 goles, 18-8. Desta forma, o público non se explicaba nas bancadas como puido ser que o Pabellón lle gañara aos de Carballo no partido da primeira volta por un marcador de 28-21, dada a diferenza de calidade que se estaba a ver no Pavillón da Zona Escolar.

Na segunda metade, os locais baixaron a sua intensidade, sobre todo en tarefas defensivas, o que propiciou un toma e daca e un marcador parcial na reanudación de 16-12. O 34-20 final aupa os carballeses a un comodo septimo posto na taboa clasificatoria, pero sen esquecer que os proximos rivais son de maior entidade e que os equipos que estan por detras na clasificación veñen apretando forte para evitar o descenso.

O próximo encontro a disputar polo Ifecgás Pereira Xiria será en terras potevedresas fronte á SD Teucro, un dos equipos chamado a estar no máis alto da clasificación ao remate da liga.