IFECGAS PEREIRA XIRIA 36 – CAIXANOVA OAR 32

Non podemos poñer a táboa de xogadores e goleadores debido a que por segunda vez nesta semana e terceira na temporada non compareceu ningún colexiado no pavillón da Zona Escolar e polo tanto non existe acta do encontro.

O Ifecgás Pereira Xiria acadou unha vitoria na visita do OAR a Carballo na volta da semifinal de copa, co que o Xiria é o primeiro finalista, á espera de coñecer quen será o seu rival Camariñas ou Oleiros. O partido foi insulso e sen ningunha intensidade por parte dos dous equipos,como xa acontecera no partido de ida. Os carballeses foron moi superiores o seu rival e movéronse en marcadores cunha diferencia abultada que rondaba os dez goles na primeira parte.

Á volta dos vestiarios o OAR acercabase no marcador, máis pola falta de intensidade dos locais que por méritos propios, aínda que nunca de forma temible para os de Carballo que conseguían deste xeito pasar a final da copa cun marcador final de 36-32, cando xa gañara no partido de ida por dous goles de vantaxe. Sinalar como anecdota que Álex Zas ocupou a portería carballesa na segunda metade como xa fixerá Iván Amarelle no encontro de ida.

Agora o Ifecgas Pereira Xiria terá que esperar o seu rival na final que sairá do enfrontamento entre Camariñas e Oleiros, asi como a designación do día en que se disputará.