IFECGAS PEREIRA XIRIA 40 – O.A.R. DEP. CIMANS 20

19/12/2004 8ª XORNADA

IFECGAS PEREIRA XIRIA: : Iago, Guillín, Miguel (porteiros), Díaz (1), Caamaño (1), Ramón, Puente, Joaquín (8), Manuel (7), Óscar (6), Jesús (4), Norberto (3), Eloy (4) e Javier (5).

O.A.R. DEP. CIMANS: Roberto, Carlos (2), Javier, Daniel, Alexandre (3), Sergio, Angeriz (3), Jorge (1), Joel (3), Antonio, Luís e Fernando (8).

Xogouse na tarde do mércores 22 no Pavillón da Zona Escolar de Carballo o encontro aprazado o fin de semana, que enfrontaba ó Ifecgas Pereira Xiria e ó O.A.R. Deportes Cimáns, por mor da condensación na pista carballesa do pavillón Bergantiños.

Reanudabase o encontro no minuto 3 cun marcador a prol dos coruñeses de 1-3. Os primeiros minutos foron de igualdade no marcador debido á pouca intensidade defensiva que presentaba o equipo local. No minuto dez do partido os de Carballo lograban igualar o marcador gracias a boa actuación do porteiro Iago que mantiña ó equipo no electrónico parando todo ó que se lanzaba á súa portería. En canto os de Carballo lograron o empate cambiou totalmente a actitude do equipo, seguían existindo os erros na defensa pero gracias ás axudas, á alta intensidade e á aportación do gardameta, o que propiciaba rápidos contragolpes que materializaban os locais fixo que en pocuos minutos o Ifecgas Pereira Xiria acadara unha comodo renda, chegándose ó intermedio cun contundente 20-10 a prol do cadro de Fernando Vázquez.

A segunda metade transcorreu polos mesmos camiños dando o adestrador carballés minutos ós xogadores menos habituais. O resultado final fala por si só, un contundente 40-20 que pon óa de Carballo no mais alto da táboa clasificatoria. O arbitraxe correu a cargo de Vicente Pérez que tivo unha actuación regular.
O arbitraxe correu a cargo de Vicente Pérez que tivo unha actuación regular.