Importante vitoria do Laber Xiria fronte ao Oar Coruña no ”derbi”

Importante vitoria do Laber Xiria fronte ao Oar Coruña no ”derbi”

Oar Coruña 32 – Laber Xiria 34 (14-18)

Coa vitoria en Coruña no “derbi” diante do Oar, o Laber Xiria acada o seu obxetivo , a falta de dous partidos para a finalización do Campionato de Liga, certifica a súa clasificación entre os seis primeiros polo que elude a vindeira tempada o Play Off da División de Honra, algo que no inicio da temporada se vía moi complicado, varias foron as baixas dun equipo formado practicamente de xogadores de primeiro ano e cadetes que amosaron ao longo das xornadas ser capaces de dobregar a calquera dos equipos desta División de Honra Galega. Unha segunda volta da Liga onde o Laber Xiria amosou o seu mellor nivel cunha gran transformación na súa defensa e despregando un excelente xogo de ataque que lle permitiu estar entre os mellores equipos galegos da categoría.

O equipo era coñecedor das dificultades que lle ía a presentar o Oar na súa cancha, onde se amosou forte ao largo da tempada, polo que o traballo e a dirección da semana ían enfocados a non conceder dende o inicio do encontro, sabedores do potencial herculino. Comezou o encontro con dúas defensas intensas en ambos equipos e con demasiada precipitación nos lanzamentos, o Xiria cobraba mínimas diferenzas que os coruñeses ían igualando nas primeiras fases do encontro. A maior intensidade defensiva e velocidade no ataque carballés daba seus froitos na recta final da primeira metade, os visitantes marcaban un 14 a 18 a favor.

Novamente os conxuntos volveron a dispoñer as súas armas na cancha, e novamente o Xiria cobraba e ampliaba a vantaxe que chegou aos 6 goles no minuto 40, con un 17 a 23, o partido parecía encarrilado, pero varias exclusións consecutivas unidas a relaxación xunto co acerto e coraxe coruñés colocaba un empate a 25 no marcador que facía perigar a vitoria, os xogadores do Laber volveron a centrarse en defensa, corrixindo os fallos anteriores e en ataque amosaron solvencia e acerto en varias accións que serviron para cobrar diferenza suficiente para poñer o resultado a seu favor e acabar con ese 32-34.

Este martes, Día do Pai, o Laber Xiria desprazarase a Pontevedra para medirse en partido aprazado contra o Balonmán Cisne que a falta de dúas xornadas pode facerse co Campionato, sempre que consiga dobregar aos carballeses, que de seguro no llo han de poñer fácil coma na primeira volta na que xa venceu o Xiria.

Oar Coruña 32 (14): Martín Rodríguez (porteiro) Juan González 1, Pedro González 3, Daniel McNamee , Alvaro Sarandeses 2, Dacio Oviaño, Javier Sánchez 4, Marcos Sánchez 2, Eduardo Cousillas 12, Alfonso Lojo, Adrian López 6, Pedro Pereira 2, Alejandro Suárez.

Laber Xiria 34 (18): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 11, Adrián Mesejo, Mario Cancela 13, Franco Rial 6, Ivan Hernández, Andrés Urbieta 1, Renzo Díaz , Brais Vila 1, Aaron Rodríguez, Diego Antelo, Manuel Varela e Dani Mallo.

Arbitraron Roberto Trigo e Rubén Iglesias, sen complicacións