O Calvo Xiria B tiña un longo desprazamento para enfrontarse ao compricado Tui, equipo que viña por detrás na táboa a tan só dous puntos. Este partido era vital para que o equipo carballés siga vivo no ambicioso obxetivo do ascenso.
CLÍNICA VETERINARIA ESTACIÓN BALONMÁN TUI 31 – CALVO XIRIA B 33
O comezo do partido foi un claro dominio local. Os carballeses non conseguían atoparse defensivamente e en ataque logo de un bo inicio comezaban a precipitarse. A dinámica era moi negativa para o equipo carballés que non conseguía axustar en ningún momento. Mediada a primeira metade percibíase unha reacción pero dilapidouse con uns malos minutos finais da primeira metade, de este xeito foise ao descanso con 17-15 no marcador.
Á salida dos vestuarios xa se percibía unha concentración e intensidade maior, en ataque moito máis veloces e dinámicos e na defensa moito máis estructurados a pesar de non ter acerto nas primeiras accións. Foi así como pouco a pouco e con moita loita os carballeses se foron sobrepoñendo ao mal inicio ata chegar a poñerse por diante no marcador no minuto 50. A partir de ahí os carballeses conseguiron unha pequena ventaxa que tan só se viu peligrar nas imprecisións finais ante a presión rival.
Gran vitoria para os carballeses que para a semana teñen outro partido vital na casa.


