¡INMENSAS!

O Calvo Xiria feminino imponse ó poderoso UB Lavadores na súa casa onde as viguesas non cederan ningún punto esta tempada.

Co obxectivo de conseguir un posto para a desputa da Final Four, as nosas saltaban á pista sen presión ante un rival que xa lles ganara fai tan só dúas semanas. Cuns primeiros minutos de tanteo, o Xiria parecía moito máis asentado no encontro con Sheila facendo moito dano dende os 6 metros (máxima anotadora xunto a Tamara con sete goles). As opcións das locais se reducían ó acerto e a experiencia de Tiddara Trojaola dende o extremo, xa que non conseguían atoparse cómoda en ningunha das fases do xogo. No final da primeira metade, os erros no lanzamento carballeses permitían ó Lavadores igualar o encontro a poñer 13-13 no marcador.

Á volta de vestiarios, o Xiria respiraba confianza. Unha defensa moito máis proactiva deixaba ó Lavadores en só catro goles nos primeiros vinte minutos. O acerto da primeira liña carballesa tanto nas penetracións coma no lanzamento exterior permitía chegar os derradeiros cinco minutos con cinco goles de renda (21-26). O Xiria acabaría o partido con cinco xogadoras en pista, pero a vitoria xa non se escaparía e os últimos folgos do Lavadores só permitiron reducir minimamente a distancia ata o 25-28.

Importantísima vitoria do Calvo Xiria que se coloca con 4 puntos no grupo da loita polo título e que depende de si mesma para obter unha praza na Final Four. 

Esta sábado as 17:30 no Vila de Noia o equipo loitará por outros dous puntos nun duelo directo diante do Samertolameu.