O Maquisaba hospedaba o derbi carballés entre ambos conxuntos do Xiria na tarde do sábado. O Tubasys, cos deberes feitos pero con baixas importantes chegaba ó Vila de Noia sen presión.
O Tubasys iniciaba cunha lixeira vantaxe no marcador nun comezo de partido marcado polas perdas de balón e a precipitación. Sin embargo, o alto ritmo do encontro forzou numerosas rotacións por parte de ambos bandos, favorecendo a un Maquisaba que dispoñía dunha maior media de idade en pista. O intercambio de goles se mantivo a un ritmo elevado ata a chegada ós vestiarios, onde as locais disfrutaban da mínima vantaxe (21-20).
Na segunda metade o Tubasys saíu a comerse a pista co parcial de (1-6) nos primeiros cinco minutos, obrigando a unha chamada á calma por parte do Maquisaba. Tras o periodo de reflexión as locais retomaron a actividade defensiva e volveron a situarse na boa senda, pero finalmente o encontro se decantaba a favor do Tubasys por un solo tanto, deixando os puntos nas invictas mans das visitantes.
MAQUISABA XIRIA 35 – 36 TUBASYS XIRIA
Gran encontro destacado pola alta intensidade no xogo e o reparto de esforzos en ambos bandos. Cun total de 20 goleadoras, numerosas recuperacións e transicións rápidas, o grupo amosou o bo traballo que está a realizar no día a día.


