Derrota do Calvo Xiria en Ourense, ante un conxunto local, que posúe gran talento ofensivo; e ao que na tarde do sábado o Calvo Xiria non atopou a maneira de frear.
Desde o comezo do partido púidose distinguir como os dous conxuntos sufrían no plano defensivo; min 5 (4-4). O intercambio de goles presupoñía un marcador alto. A calor excesiva, condicionou a velocidade de xogo.
Chegados ao minuto 15; a defensa do Ribeiro daba un paso adiante, o Calvo Xiria empezaba a perder balóns e a distancia foi en aumento ata chegar ao descanso con 19 – 14. Tras o paso por vestiarios o Calvo Xiria cambiaba o sistema defensivo; pero o buraco parecía aínda maior e a pesar do esforzo sobre o 40×20; os xogadores carballeses non atopaban solucións; chegando ao 31 a 22 (min 45).
Non quería perder o Calvo Xiria e á desesperada, aínda facía unha última proposta coa que trataba de chegar ao final. Conseguiu reducir distancias ata os 5 goles. Pero xa non había marxe para o erro e os goles encaixados facían efecto no marcador que ao final reflectía un 39 a 34. Un claro sintoma do que foi o partido.
A semana que vén o Calvo Xiria recibe ao Bueu Atlético Balonman, o sábado ás 20:00 no Vila de Noia.
Bm Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal 39 – Calvo Xiria 34
Bm Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal (19+20): Ángel Taboas, Pablo Gayoso (3), Daniel López (3), Celso Ramón Sotelo (4), Pablo Lorenzo (2), Ángel Riveiro (1), Xacob Novoa (5), Mateo González (1), David Costa (1), Nicolás Alberte (1), Mario Fernández (1), Jacobo Rodríguez (5), Xoel Martínez (9), Jacobo Soto (3), Rubén González.
Calvo Xiria (20+10): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (3), Gabriel Castiñeiras (5), Mario García (1), Julián García (2), Chimpo Rodríguez (4), Ángel Viña, Samuel Veiga (1), Diego Antelo (5), Jorge Bouzas, Rubén Anes (1), Mario Cancela (10), Edu Cousillas (2).
Árbitros: Raúl López e Álvaro García
Marcador cada 5 minutos: 4-4, 6-7, 11-9, 13-12, 16-12, 19-14, (descanso), 23-17, 27-20, 31-22, 33-25, 35-29, 39-24 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 3ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón O Consello (Ribadavia).