JOSÉ ENSEÑAT CANGAS 19 – VIPECÓN XIRIA 40

José Enseñat Cangas 19 (11+8): José, André (3), Óscar (6), Alexandre (5), Aitor (2), José Ángel (1)Rubén (1) -equipo inicial- Miguel(1), García, Cruz, Abel, Uxío, Abal.

Vipecón Xiria 40 (21+19): Bisbi, Miguel (13), Brais (8), David (8), Iago (3), Heitor (2), Ricardo -equipo inicial- Antón (2), Martín (1), Iván Eiroa, Iván Lorenzo, Jorge (2), Luis (1).

Colexiado: Martín Ródriguez. Non influíu no resultado final nun encontro sinxelo, dada a superioridade do equipo visitante,inda que non tivo unha actuación afortunada.

Visitaba o Vipecón Xiria a cancha do José Enseñat Cangas, penúltimo clasificado, na 11ª xornada de liga na División de Honra Cadete e conseguía unha cómoda vitoria por 19-40.

O equipo carballés finalizou de xeito contundente a primeira volta da competición fronte a un Cangas que se amosou moi inferior. Dende os primeiros intres foron os visitantes os que levaron a iniciatiba no marcador, sendo superiores en todas as facetas do xogo. En definitiva, un partido sen historia coma xa sinalaba o electrónico ao remate da primeira metade, 11-21. Todos os xogadores do Vipecón dispuxeron de minutos de xogo e todos eles raiaron a un boa nivel.

A segunda metade non tivo máis historia que a primeira, co único aliciente de saber de canto ía ser a diferenza final a prol dos visitantes. Ao remate, un incontestable 19-40 deixaba ben claro as diferenzas existentes entre un e outro equipo.

O vindeiro choque para o Vipecón Xiria será a visita á cancha dun dos galos da categoría, o potente OAR, a quen o Vipecón xa foi quen de derrotar na fase previa de clasificación, aínda que logo foron os coruñeses os que se impuxeron no primeiro partido de liga.