Juana Garrochena continuará sendo unha das almas do Calvo Xiria

A incombustible xogadora carballesa prolonga a súa vinculación co conxunto verde e negro e seguirá aportando infinidade de cousas con todas as cualidades que posúe tanto a nivel deportivo como persoal.

Juana Garrochena González (Carballo, 1989) é a alma do grupo tanto dentro como fóra da pista, un auténtico icono capaz de levantar á bancada coas súas accións.

Esta lateral dereita caracterízase en ataque polos seus lanzamentos en apoio e polo xogo coas pivotes con pases que tan só ela é capaz de ver.

Desta forma, Manu López contará de novo cunha xogadora moi completa, xa que ademáis das súas características ofensivas; en facetas defensivas é capaz de provocar numerosas faltas en ataque das rivais e sempre está pendente de realizar con éxito todas as axudas necesarias ás súas compañeiras.