LA CUBELA 0 (10) – PROCASA XIRIA 8 (28)

20/01/2004 3ª XORNADA

PROCASA XIRIA: Diego López, Ramón, Andrés, Amarelle, Diego Puente, Juan, Rodrigo, Óscar, Pombo, Caamaño, Néstor, Miguel.

O equipo infantil da A.D. Xiria, o Procasa Xiria xogaba na maña do Sábado no pavillón coruñés da Sardiñeira o seu segundo encontro de liga. Un encontro dirixido polo xogador oarista Carlos Blanco e que o enfrontou ó equipo de La Cubela, unha selección de rapaces de distintos colexios de A Coruña.

O equipo carballés tivo momentos de precticar un bonito, a parte de efectivo, balonmán non dando en ningún intre posibilidade ós locais de inquedarlle no electrónico. Aínda que a defensa bergantiñán non foi todo o contundente que son capaces de demostrar estes rapaces, si que foi suficiente para que se prodiciran rápidas transicións en segunda oleada culminadas na portería rival polos lanzamentos de Diego Puente e Caamaño e polas penetracións de Diego López e Ramón. Isto unido ó bo xogo nalgúns momentos en ataque con rápida circulación de balón propiciou que o encontro fose de claro dominio por parte do Procasa Xiria. Destacar tamén a actuación do porteiro carballés Miguel que estivo moi seguro durante todo o partido.

Parciais: 4-10 / 2-5 / 3-7 / 1-6

O colexiado Sr. Blanco tivo unha boa actuación.