O Laber Xiria e o Teucro, afrontaban a terceira xornada de Copa como un partido de poder a poder. Así foron os anteriores enfrontamentos entre os dous conxuntos, nos cales, os carballeses sempre saíron vitoriosos. No día de onte, o encontro gozou de alternativas no marcador por parte dun e outro equipo, nun partido tolo onde as defensas apenas existiron e os ataques, en ocasións precipitados, presentaron un escenario de continua ida e volta en ambas as áreas. O electrónico marcaba unha mínima diferenza no tempo de descanso a favor dos de casa (18-17), fiel algarismo que reflectía perfectamente o subliñado con anterioridade. Os últimos dez minutos desta primeira parte, momento no que os de Xiria subiron as prestacións defensivas, foron claves para adquirir esa pequena renda.
Nos primeiros dez minutos da continuación, os visitantes conseguían darlle a volta ao marcador cun parcial de 3-5 (21-22), algo circunstancial e momentáneo, xa que os verdinegros voltearían de novo o resultado e colocaríano ao seu favor no seguintes dez (27-26), para, desta forma, penetrarse na recta final cunha toma e daca repleto de faios e imprecisións por parte de ambos os conxuntos. Ao final, a igualada a trinta goles fai xustiza a un partido con moitas alternativas e sen un claro dominador.
Laber Xiria: 22 (10+12). Antonio Mato(p), Kevin Santos (1), Gabriel Castiñeiras (8), Juan Carlos Rodríguez (9), Roi Alfeirán (1), Borja Rodríguez, Fran Rey -Equipo Inicial- Manuel Souto (p), Iván Calvo (2), Alex Figueroa, Carlos Vilanova (6), Ronaldo Durán, Tito (1), Daniel Esmorís (1), José Pereira (1).
Teucro: 21 (10+11). Sergio (5), Marcos (9), David, S.Lorenzo (4), Óscar, Andrés, David Rey (3), Ameijeiras, Mario, Diego, Pedro (2), Araujo, Alex (5), Reinier (2).
Marcador cada 5´: 2-3/5-6/7-11/11-13/15-15/18-17-Descanso-19-19/21-22/23-24/27-26/27-27/30-30-Final.
Colexiados: Pablo Barreiro e Gabriel Folgoso. Excluíron con dous minutos a Gabriel Castiñeiras, Carlos Vilanova, José Pereira (2), Fran Rey e Kevin Santos por parte dos locais e a David Rey, Ameijeiras, e Alex, por parte dos visitantes.
Incidencias: Encontro correspondente á terceira xornada da Copa Federación en categoría xuvenil, celebrado no pavillón Vila De Noia con un centenar de siareiros de ambos os conxuntos nas bancadas.
Fotos do partido:











