Liga Infantil Territorial: Marmolería José Rey Xiria lévase os puntos de Lugo

Liga Infantil Territorial: Marmolería José Rey Xiria lévase os puntos de Lugo

Non tiveron un bo día de balonmán no aspecto táctico e técnico os rapaces do equipo infantil de Marmolería José Rey, pero con moita intensidade, sen dar un balón por perdido e cunha actitude encomiable conseguiron levarse o partido. E iso que comezou mandando o Lucus, que para alegría dos seus seareiros chegou a ir catro goles por diante nos primeiros minutos, mais con traballo e serenidade foron os carballeses limando a diferenza para chegar ao descanso mandando por sete goles logo de acadar un parcial de 12 a 1. O segundo tempo estivo marcado pola defensa local que se pechou cerca da liña de seis metros, poñendo en moitas dificultades a un ataque verdibranco composto en moitos momentos por unha maioría de xogadores en idade alevín, e que lle deu aos lugueses a opción de achegarse ate os dous goles, mais de novo dende a defensa solucionou os problemas o equipo carballés para desta formar sumar os puntos en xogo.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Casa do Deporte de Lugo ante 100 seareiros. Colexiado: Alberto García Vizcaíno do colexio galego. Exclusións polo Bm. Lucus: Brais (27´), Lucas (38´) e Carlos (42´e 47´), sen excluídos polo Marmolería José Rey
BM. LUCUS 18 (7+11): Adrián Vázquez, Lucas González (2), Pedro López, Alejandro Muñoz, José López (2), Brais Fernández (5), Alejandro Silvosa (9), Iago Núñez, Aaron Prado, Iker Martínez, Edgar Bares, Carlos Suárez, AdriánVeiga, Carlos G. Gómez, Brais García, Lucas Fariña, Javier López.
MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 25 (14+11): Diego Lema [p], Diego Antelo (1), Diego Rodríguez, Miguel Regueiro (5), Mario Cancela (4), Renzo Díaz (4), Paulo Collazo, Juan Pereira (7), Antonio Calvelo (3), Daniel Mallo (1).

Entrevista a Diego Lema, porteiro do Marmolería Jose Rey Xiria:

 

Videos do encontro: