A tarde do sábado non decepcionou ós xiadeiros do Vila de Noia, que puideron ver un bo partido entre o Xiria e o conxunto pontevedrés no que primou a paridade ata ben entrada a segunda metade. Xusto cando pasan dúas semanas dende o anterior enfrontamento nun Play-Off no que o Porriño se fixo cos dous puntos co (29-27) final, ambos conxuntos mediron as forzas, esta vez en terras carballesas.
Aínda que o Porriño recuperou a Iria Benaches e Lucía Castiñeiras, dúas das xogadoras con peso no ataque do conxunto porriñés, o Seguros Sueiro seguiu amosando a paulatina mellora defensiva que comezou na Fase de Clasificación. Todo comezou cunha barreira vermella difícil de superar, axudada por Inma en Portería. Despois de 15 minutos de errores de pase e contraataques, o marcador amosaba o (5-7) a prol das porriñesas. O troco de Lara Souto, aportando lanzamento exterior e as interceptacións de balón permitiron seguir sumando mentres que o aumento de intensidade defensiva cortou os 1×1 e lanzamento exterior da primeira liña, deixando ó Porriño incapaz de manter o marcador e chegando ó (15-10) no descanso.
Coñecendo a importancia de puntuar nun partido tan igualado, as visitantes saíron cos folgos renovados e colleron por sorpresa ó Xiria, que viuse obrigado a pedir tempo morto para evitar perde-la vantaxe no (19-17) do minuto 37. Cinco minutos despois, foron as visitantes quenes tiveron que pausar para xestionar a desvantaxe de 5 goles, que seguiu incrementando pouco a pouco ata o remate do partido co (34-22) final, encaixando un parcial de 8-1 nos derradeiros 12 minutos de xogo.
O seguros Sueiro leva o máximo de puntos nos dous primeiros encontros de liga ante rivales difíciles, pero necesita manterse firme para o enfrontamento ó Cangas e Carballal nas vindeiras xornadas, que se perfilan como os conxuntos fortes da competición.
Seguros Sueiro 34 – Balonmano Porriño 22
Seguros Sueiro (15+19): Carla B. Rodríguez (p), María Porteiro (p), Lara Hernández (3), Nerea Varela (4), Lara Souto (8), Irene Suárez (1), Julia Verdes, Leticia Santos (4), Carla B. López (1), Noa Quintela, Sara Méndez (7), Duna Barca (6), Marina Rodríguez
Balonmano Porriño(10+12): Carmen Suárez (2), Iria Benaches (6), Aroa Gordon (2), Adriana Barreiro (1), Anais Pérez, Lucía Pérez (1), Daniela Estévez (1), Olalla Ferreira (1), Sofía Rodríguez (2), Carmen Fernández, Noa Costas (1), Inmaculada García-Navas, Daniela Monteagudo, Paula Sanz (1), Lucía Castiñeira (4)
Árbitros: Renzo Martín e Iván Hernández


