Luces e sombras do Calvo Xiria na derrota ante o líder

A visita onte das nosas á difícil pista do Asmubal Meaño saldouse cunha abultada derrota que non fixo xustiza ó bo xogo despregado polas carballesas.

Cun comezo moi serio, o Xiria dominou os primeiros vinte minutos do encontro cunha sólida defensa e con boas accións no ataque posicional con Minia como referencia ofensiva. Co comezo das rotacións, as xogadoras do Meaño parecían comezar a asentarse no encontro e atopábanse cada vez máis cómodas no ataque posicional, sobre todo, no xogo coa pivote, conseguindo una renda de tres goles ó descanso (16-13).

Na reanudación as nosas non foron quen de darlle a volta ó marcador. Cuns primeiros minutos moi intensos por parte de ambos conxuntos, as precipitacións en ataque e a mala selección de lanzamento propiciaron que as locais puidesen correr moitas accións de contraataque e sentenciar o encontro a chegar ó 33-24 final.

O Calvo Xiria lle esperan agora dúas semanas sen competición que servirán para preparar as derradeiros tres encontros da primeira volta co obxectivo de acadar o pleno de puntos.