Luces e sombras para o Suevia na primeira xornada de Copa

Luces e sombras para o Suevia na primeira xornada de Copa

O equipo xuvenil do Xiria amosaba unha mellor faceta na súa 6:0 ante un Culleredo que viña de caer derrotado na Eliminatoria pola Final4, pero as perdas de balón na segunda metade de campo e a insistencia do Culleredo con ataques longos mantiñan as diferencias á mínima ata o minuto 18. As rotacións en ambos bancos e unha súbita caída na efectividade dos lanzamentos deixaban ó Xiria con dous tantos nos derradeiros minutos, marchando ós vestiarios con malas sensacións (9-14).

Na segunda metade o Suevia comezaba con bo criterio, atopando ocos froito do xogo colectivo, pero encadeaba erros reiterados de lanzamento en situacións claras, mantendo as distanzas no electrónico. Ata dous tantos chegaron a separar a ambos conxuntos (16-18), pero o Culleredo non tardou moito en facer gala da súa condición de favorito e retomaba a senda goleadora pola man das súas extremos. De novo, os derradeiros minutos do encontro só serviron para que as carballesas veran afastarse ás visitantes (19-27).

SUEVIA XIRIA 19 – 27 BM CULLEREDO BAHIA EDICIONS

O escaso tanteo final non fai xustiza á cantidade de ocasións doadas de gol que xenerou o equipo, pero a deficitaria efectividade nos lanzamentos da primeira liña carballesa en penetración (2/12) non deixa opción algunha para as rapazas do Xiria.

Xa non resta moito para a seguinte xornada en Coruña ante o Brigantium, o sábado ás 12:00.