LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 4
13/10/2012 MAGOPE SEIS DO NADAL-COIA 33 – CALVO XIRIA 29
Magope Seis do Nadal Coia 33 (18+15): Boullosa [p], Escudero (5), Enrique (1), Pablo (5), Denis (2), Antón Rey(4), Guillermo (4)-equipo inicial- David, Piñeiro, Abraham, Roberto, Antón Piñeiro (11), Germán (1)
Calvo Xiria 29 (15+14): Kike [p], Alex (2), Jesús (3), Brais, Chimpo (8), Manuel (5), Ramón -equipo inicial- Iago [p], Gonzalo (2), Jorge, Ángel (2), Dubra (3), Martín (2), Sergio (2).
Colexiados: Carla Diz Sierpes e Ana Correa Araujo do colexio galego. Mala arbitraxe, prexudicando claramente ao equipo visitante, xa que os seus desatinos eran sempre favorables aos vigueses. Sinalaron dez sete metros a prol do Seis do Nadal, dous a prol do Xiria e sinalaron 3 exclusións aos locais por 7 aos visitantes.
Marcador: 2-2, 6-4, 8-7, 11-9, 16-11, 18-15(descanso);19-18, 20-21, 23-22, 25-23, 29-26, 33-29(final).
7 metros: Magope Seis do Nadal-Coia: 9 / 10 ### Calvo Xiria: 2 / 2
Moi boa entrada con preto de 350 persoas no Municipal de Coia, entre os que se deixaron sentir os case 50 seareiros que acompañaron ao Calvo Xiria.
Enfrontábanse no Pavillón Municipal de Coia o Seis do Nadal e o Calvo, dous equipos empatados na táboa clasificatoria logo de acadar dúas vitorias no que se leva de liga, nun partido a priori moi igualado, mais no que de novo as baixas lastraban aos carballeses, contando por segundo partido consecutivo con dous xogadores xuvenís, Martín e Jorge, que pouco a pouco van atopando o seu lugar no equipo e sumando ao colectivo do Xiria
Os primeiros minutos foron de igualdade no marcador e no xogo de ambolos dous equipos. Non había boas accións ofensivas e so nas contras conseguían os equipos perforar a portería dos seus rivais. Mais pouco a pouco foi o Calvo perdendo o seu sitio no campo nas tarefas defensivas e permitía que o seu rival chegase ao descanso con 18 goles no seu haber.
Na segunda metade o partido voltou pouco a pouco á igualdade. A defensa carballesa parecía voltar a funcionar e pouco a pouco foi achegándose no marcador ata poñerse por diante. Pero as exclusións favoreceron ao cadro vigués que voltou a mandar no partido. As accións defensivas de Denis nos derradeiros minutos. Eso sí moitas delas merecedoras de sanción disciplinaria: golpes na faciana, agarróns e empurróns unha vez superado polo seu oponente contaron sempre ca aquescencia da parella arbitral.
Ao final as prisas caeron do lado carballés e a brecha no marcador fíxose, no pitido final, a maior dos segundos trinta minutos.
A vindeira xornada visitará Carballo o Mecalia At. Novás, equipo recentemente descendido da División de Honra Prata, que conta, e moito, nas quinielas para facerse cun dos postos que da acceso á fase de ascenso. De seguro un rival complicadísimo para o Calvo Xiria. Coma ven sendo habitual o sábado ás 18:00 horas no Vila de Noia.