Máis luces ca sombras na dobre xornada desputada polo Goldie Xiria Carballo Turismo

As xogadoras do Goldie recibiron esta semana en Carballo tanto ó CP Lucense coma o BM Tui trala vitoria acadada en Camariñas a pasada fin de semana no primeiro encontro do ano.

O venres desputábase o primeiro dos choques, aprazado dende novembro, ante o equipo de Lugo nunha xélida pista do CEIP Fogar obde as xogadoras nin sequera poderon desfrutar do calor da afección. Iso non foi problema para o equipo, que foi quen de dominar o encontro dende o comezo cunha alta intensidade defensiva que permitía acadar un parcial inicial de 5-0. Co paso dos minutos e a entrada das rotacións o equipo foi quen de manter as distancias no marcador en todo momento chegando ó descanso con resultado favorable 12-6. Trala reanudación, as nosas desfrutaron da segunda metade mantendo o ritmo defensivo, con rápidas transicións que permitiron accións de finalización moi claras e con gran acerto, sobre todo, dende o extremo esquerdo cun gran partido de Raquel e, de xeito moi especial, da xuvenil Marta que cos seus goles fixeron posible chegar ó final do encontro cun resultado de 28-14.

Con todas as ganas e coa moral alta chegaban as xogadoras ó encontro ante o BM Tui no Vila de Noia onde tras un comezo con dúbidas e incapaces de frear os deslizamentos da pivote rival o equipo acarreaba unha renta negativa de 4 goles contra un rival que ocupa os postos altos da táboa. Con rendemento irregular, conseguíase chegar ó descanso cun marcador de 10-13 e con sensacións oi boas de cara á segunda metade onde ata o minuto 20 (17-19) o equipo tivo opcións de pelexar pola victoria sostidas pola excelsa actuación de Nadia na portería. Os erros dende os 6 metros condeáronos esta vez e o resultado final de 19-25 semella excesivo pola igualdade no xogo nun choque onde as nosas foron a pola vitoria en todo momento plantando cara en cada acción.

O equipo volve mañá luns ós adestramentos coa cabeza moi alta e as gañas intactas coa vista  posta na visita a Tui.

GOLDIE XIRIA CARBALLO TURISMO 28 (12-6)

Nadia Vázquez (p), Maura Fernández (p), Juana Garrochena (1), Carla Santiago (1), Aida Vizcaíno (1), Mina Ribullen, Tamara Pombo (4), Minia Calvo (3), Jessica Pose, Natalia Solís (1), Marta Gómez (6), Alba Rodríguez, Elena Segade (2), Sheila Ferreiro (1), Raquel Gómez (6), Lara Otero (1).

MILLAVEN CENTRO JARDÍN CP LUCENSE 14 (6-8)

Jimena García, Lucía Rego, Gloria García (1), Oliva Rego (p), Alba Puertas (7), Iria Real (4), Alba Ferreira, Tania Carrete (1), Eva Bernárdez, Cristina Seijas (1), Ángela Lamela, Antía Carreira.

 

GOLDIE XIRIA CARBALLO TURISMO 19 (10-9)

Nadia Vázquez (p), Maura Fernández (p), Juana Garrochena (1), Carla Santiago (2), Aida Vizcaíno (5), Mina Ribullen, Tamara Pombo (2), Minia Calvo, Jessica Pose, Natalia Solís (2), Marta Gómez, Alba Rodríguez (1), Elena Segade (1), Sheila Ferreiro, Raquel Gómez (5), Lara Otero .

CLUBE BALONMANO TUI 25 (13-12)

Noemí Romero (p), Andrea Gregores, Sandra Araujo (4), Nerea Míguez (2), Marta Rodríguez (9), Andrea Iglesias (3), Ana Pereira, Ana González (1), Paola Iglesias, Sonia Rodríguez (5), Lucía Cruces (p), Claudia Martínez, Nerea Capón (1), Irea Piñeiro.