Mala cara do Tubasys en Cangas(41-11)

Mala cara do Tubasys en Cangas(41-11)

O Tubasys Xiria caeu derrotado na mañá do sábado na súa visita a Cangas, onde non deron sinal de presencia nos cincuenta minutos de encontro. As carballesas comezaron o encontro como o remataron, totalmente desconectadas, favorecendo o marcador final coa diferencia xa reflexada no resultado final, despois de haber enfrontado o mesmo equipo na primeira volta cunha cara moito máis positiva.

As do Morrazo superaban unha vez tras outra a defensa carballesa, deixando situacións claras de lanzamento para a artillería local, o que levou a ese resultado final.

A vindeira semana reciben a outro coco da categoría, a SAR de Redondela