Mala imaxe do Goldie Xiria na derrota ante o Nova Xestión Pavillón

As ourensás que marchan nos postos altos da clasificación; levaron os dous puntos de Carballo, xustamente.

Nada facía presaxiar o mal resultado cultivado na mañá do domingo; pois nos primeiros minutos de xogo; o Goldie funcionou á perfección. A defensa era capaz de controlar as combinacións de ataque rival e as transicións rápidas; unidas á fluidez de balón; permitíalles poñerse por diante. A diferenza non era maior; porque do mesmo xeito que no partido de ida, a porteira visitante foi unha laxa difícil de superar.
Factor crave do partido; xa que aos poucos ía minando a moral das xogadoras do Goldie; que vían como os seus lanzamentos non acababan en gol; e as visitantes facíanse co ritmo de partido. Minuto 17; as ourensás poñíanse por diante no marcador; 6 a 7.
Os minutos restantes da primeira parte; púidose ver unha mínima reacción do Goldie que se viu frustrada por un gol no último segundo desde 15 metros de Ana Pérez. Ao descanso 9 a 12.
Na continuación; chegaría o declive local, anotando unicamente 3 goles en 25 minutos. Escapábaselles un partido que deixaron de competir antes de tempo. Non se puido ver, a entrega e a loita doutros días a unhas xogadoras que cando explotan as súas virtudes e actúan unidas son un equipo temible.
A semana seguinte viaxan ata Lalín; para enfrontarse ao Coreti; xa con ganas dun novo partido para resarcirse de imaxe dada no Vila de Noia.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros. Colexiado: Pablo Manuel Barreiro Suárez do colexio galego. Sen complicacións. Excluíu a Natalia Solis e  Sheila Ferreiro por parte do Goldie Xiria.

GOLDIE XIRIA 14 ( 9 + 5 ): Sara Pose [p], Nadia Vázquez [p],  Juana Garrochena (2), Alba Rodríguez (1), Támara Pombo (1), Natalia Solís (1), Jessica Posse, Saray Couto, Soraya Martínez (1), Elena Segade (3), Sheila Ferreiro (2), Raquel Gómez, Zeltia Landeira (3).

NOVA XESTION PABELLÓN 23 ( 12 + 12): Andrea Fernández [p], Miriam Lamas, Nerea Puga (1), Sofía Vázquez, Ana Pérez (5), Elena Vallarcel, Rebeca Jorge Rodríguez, Inés Pérez (1), Sandra Sánchez (7), Ruth Sánchez (4), Bárbara Iglesias (3), María Puga (2), María Rodríguez.