O sábado comezaba co lance do Maquisaba ante Viveiro no Vila de Noia. Malia que a igualdade se mantivo durante os primeiros compases do encontro, as locais atoparon espazos entre o bloque do Viveiro para poñer o pé por diante no descanso (12-10).
Cunha maior presión na segunda metade e máis velocidade nas transicións, o Xiria axiña gañou distanzas e superou con claridade a un rival asediado polo cansanzo e a falta de rotación. O fondo de armario resultou clave para asegurar a vitoria.
MAQUISABA XIRIA 31 – 23 CLUB BALONMAN VIVEIRO
Pouco despois o Tubasys comezaba o seu enfrontamento ante Lucense na Casa do Deporte, pero xa apareceron indicadores de que o partido non resultaría tan sinxelo. Se ben o Tubasys lograba recuperacións de forma regular, os repliegues das locais lograban rápidamente densidade defensiva en zona centro, deixando ineficaces os 1×1 nas transicións. Pouco a pouco o Xiria lograba a vantaxe, pero o Lucense recortaba distanzas ata o (12-15) do intermedio.
Na segunda metade o Lucense mellorou o seu traballo con balón ante a defensa individual do Xiria e atopaba espazos de forma reiterada nas zonas centrais, pero unha Alba ben asentada na portería foi o factor determinante para acadar os puntos. Os numerosos erros de lanzamento e perdas de balón mantiveron unha escasa marxe que se recortou nos derradeiros intres do encontro.
MILLAVEN CP LUCENSE 28 – 32 TUBASYS XIRIA


