Manu López continuará comandando o proxecto do Calvo Xiria

O adestrador coruñés e Escolas Balonmán Xiria chegaron a un acordo para prolongar a súa vinculación, polo que Manu López cumprirá a súa segunda campaña por terras carballesas co obxectivo de darlle continuidade ao bo traballo realizado durante a anterior tempada no equipo senior feminino.

Para a tempada 2021/2022 o equipo presenta novo patrocinador e novo nome sendo agora Calvo Xiria.

Manu aterrizaba en Carballo co fin de que o Goldie Xiria Carballo Turismo, continuase crecendo, algo que xa viña sucedendo durante as últimas tempadas; e despois dun ano no que o equipo foi de menos a máis e no que soubo repoñerse de todos os contratempos e tamén das dificultades que supuxo estar inmersos nunha pandemia mundial, o conxunto carballés logrou meterse na Final Four polo ascenso, todo un logro para a entidade verde e negra.

Para a tempada 2021/2022 o equipo presenta novo patrocinador e novo nome sendo agora Calvo Xiria.

Despois dunha tempada 2020-2021 que se pode considerar moi boa tralo logrado, agora Manu López e o Calvo Xiria seguirán camiñando da man para continuar coa traxectoria ascendente dos últimos anos e poñerse miras máis altas.