No comezo da derradeira xornada da Primeira Fase o Xiria comezaba por diante no marcador na Casa do Deporte en Lugo, pero as locais superaban nos 1×1 para manterse preto. O traballo de defensa individual das carballesas non recuperou suficientes balóns, dando demasiada distancia e permitindo recibir con facilidade. Erro que abriu a porta ó bote para chegar en reiteradas ocasións a unha meta desprotexida.
Pola contra, a velocidade no ataque non era suficiente para romper o 5:1 con escasa profundidade do Lucense. O traballo de basculación da defensa local ofrecía dificultades para atopar o 1×1 con espazos en zonas centrais e as rapazas tiveron que recurrir ó lanzamento de extremos con escasa efectividade. A chegada ó descanso coa diferencia mínima a prol das locais deixaba a porta aberta de cara á segunda metade (15-14).
Na volta ó 40×20 o Xiria correxiu as súas carencias e comezou a defender as liñas de pase, evitando en maior medida a superación nos 1×1 e chegando ó doblaxe defensivo cando as compañeiras eran superadas, o que propiciaba máis situacións de contraataque en primeira oleada. Ademáis, a velocidade de balón no ataque aumentou considerablemente, para aproveitar a anchura e chegar a zonas exteriores antes que a basculación defensiva. Axiña o Maquisaba cambiaba as tornas e voltou a tomar os mandos do partido.
Sin embargo, os numerosos erros de lanzamento e perdas non forzadas mantiñan o pulso no encontro. Nos últimos compases o Lucense lograba superar a unha defensa sumamente cansada para poñer a diferenza mínima no marcador (27-28), pero un tempo morto no minuto 46:30 e a rotación do banco para renovar folgos deron o empurrón para acadar un parcial de 0-4 e obter os dous puntos nun encontro moi disputado.
MILLAVEN CP LUCENSE 27 – 32 MAQUISABA XIRIA
Coa Primeira Fase pechada, tanto o Maquisaba como o Tubasys se clasifican en terceira posición de grupo e participarán na loita pola 9º praza de Liga Prata. O infantil feminino agarda o novo calendario para medirse ante as novas rivais.


