Maquisaba pranta cara ante o campión de grupo da Liga

Maquisaba pranta cara ante o campión de grupo da Liga

O equipo Infantil do Xiria encara o partido de Copa ante un BM Atlántico que fora moi superior na fase de Liga, vencendo ó Maquisaba con solvencia en ambos lances. Sin embargo, esta vez as carballesas non facilitaron os puntos ás de Oleiros.

O comezo coa defensa 3:3 do Xiria permitía numerosas penetracións das locais, especialmente coa superioridade física do pivote para o 1×1, pero tamén propiciaba situacións de recuperación de balón e contraataque en primeira oleada que as de Carballo non eran quen de transformar pola ineficacia de lanzamentos claros no 1×0. Non tardaron moito as locais en dobrar no marcador ás de Carballo (8-4). Sin embargo, o tempo morto e as modificacións na faceta defensiva deron menos oportunidades a un ataque local trabucado.

Na segunda metade o cambio á defensa 5:1 mantivo toda a intensidade e a actitude presente no 3:3 pero engadindo as numerosas axudas, as veces en exceso, de un Xiria solidario na liña de seis metros. O rédito en defensa creaba numerosas ocasións de gol e mantiña o pulso a un partido con escaso marxe. Ata tres tantos de diferenza existiron ata apenas cinco minutos do remate do encontro, pero a volta a catro tantos no 46 obrigaba a un tempo morto e a volta do 3:3 para reducir o tempo dos ataques rivais, resultando pouco efectivo e sentenciando un partido máis pelexado do que dicta o resultado.

CLUB BALONMANO ATRANTICO 35 – 28 MAQUISABA XIRIA

Se ben o Xiria lograba atopar máis situacións doadas que as locais, a enorme cantidade de erros de lanzamento e a excelente actuación da porteira deixaba ó Maquisaba no 50% de efectividade de lanzamento, que sería o factor determinante nun partido moi ben traballado ante un rival que supo aproveitar mellor as ocasións que se lle presentaron.