MAT. ATLÁNTICO NARÓN 29 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 29

Materiales del Atlántico Narón 29 (11+18): Angela, Silvia (1), Sofía (4), Alicia (12), Marta (3), Noelia (3) e Iris (6) -sete inicial- Berta, Raquel, Estefanía, Eca e Fatima.

Punta del Este Xiria 29 (12+17): Sara, Gabriela (1), Marta (2), Berta (6), Mariana (6), Sheila (8) e Cristina (5) -sete inicial- Olalla (1), Tamara e Carla.

Emocionante partido, dos que deberan de verse moito máis a miudo, onde houbo de todo, bo xogo, intensidade, nervios, erros e acertos. Foi un choque dos que fan afección.

A primeira metade foi moi igualada, con constantes alternativas no marcador, chegándose ao intermedio cun tanto de vantaxe a prol das carballesas.

A segunda metade tivo duas partes moi diferentes, mentres que nos primeiros 15-20 minutos foron as rapazas de Edu Orgaz as que levaron o dominio do partido, os ultimos minutos foron de claro dominio local. Tanto é asi que as de Edu Orgaz chegaron a ter cinco tantos de vantaxe no minuto 45 do encontro pero, a partir de eses intres, os nervios e o cansancio acumulado polas carballesas fixo mella no seu xogo e as de Narón locales lograron darlle a volta ao marcador. De feito o empate chegou na derradeira posesión de balón das do Xiria.

Non se logrou gañar a copa, pero, sen dúbida, o partido mereceu la pena, é como para sentirse orgulloso destas rapazas, e máis aínda polas mostras de cordialidade e xogo limpo que ambos equipos mostraron no remate do partido.