Iván Campos Varela, xogador xuvenil do Laber Xiria e habitual nas convocatorias do Calvo Xiria, acadou con Galicia a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, logo de vencer a Madrid por 40 a 33. O número 4 da Selección Galega axudou a este meritorio terceiro posto con catro goles, para facer un total de 28 no Campionato.
Noraboa por este éxito.



