1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 26
09/04/2011 MEDICENTRO GIJÓN 31 – CALVO XIRIA 24
Medicentro Gijón 31 (17+14): Gamallo [p], Miguel (3), Acetti (3, 1 de 7 metros), Suárez, Pablo (5), Monjardín, Manuel (3) -equipo inicial- Vallado [p], Abel (7), Álvaro, Ángel Paraja (7, 2 de 7 metros), Vallejo (1), Álvarez (1), Rodríguez (1)
Calvo Xiria 24 (11+13): Iago [p], Alex García (2), Dubra (2), Jesús (1), Manuel, Ángel, Pablo (10, 6 de 7 metros) -equipo inicial- Kike [p], Ramón, Christopher (1), Fernando (1), Zas (1), Borja (1), David (5)
Colexiados: Harkaitz Mendizábal Jiménez e Javier Ramiro Moro do colexio vasco. Excluíron aos locais Abel (20 e 34), Pablo (27 e 49), Álvarez (36) e Suárez (41), tamén aos xogadores visitantes Ramón (18, 38 e 53 – cartón vermello por acumulación de exclusións), Pablo (25), Christopher (34) e Alex García (37 e 54)
Marcador: 3 – 2, 6 – 3, 9 – 4, 11 – 7, 15 – 10, 17 – 11 (descanso); 20 – 14, 24 – 16, 25 – 20, 26 – 22, 28 – 24, 31 – 24 (final).
7 metros: Medicentro Gijón.: 3 / 4 ### Calvo Xiria: 6 / 9
Derradeira xornada da liga regular de 1ª Estatal na que se enfrontaban o Medicentro Gijón e o Calvo Xiria, nun duelo entre primeiro e segundo clasificado -sen opcións de variar a súa posición-, o que deparou un choque con escasos alicientes para os dous planteis, máis centrados na fase de ascenso que no partido do sábado.
Comezou mandando o Calvo nos primeiros seis minutos de partido pero pouco a pouco o conxunto local foi entrando no partido e no minuto dez xa tiña tres goels de diferenza, a mesma que se vía na pista. Por unha parte un conxunto, o xixonés, máis centrado ,de novo, no que queda de competición e por outra parte o Calvo Xiria que baixou enormente, como é lóxico, a súa intensidade de xogo, tras un durísimo final de liga, -sobre todo no aspecto psicolóxico- xa que tivo que dar o mellor de si mesmo para acadar e logo manter o segundo posto que da acceso á disputar a fase de ascenso. O Medicentro acadou unha diferenza que se estabilizou nos catro goles ao longo de case todo o partido, a excepción de dúas situacións de catro contra seis xogadores por exclusións do Calvo que ao final aproveitaron os locais para levar ata os sete goles a renta do partido.
Non tivo máis historia un partido de méro trámite e no que os xogadores gardaron esforzos para o derradeiro fin de semana do mes de Abril, no que se verán as caras cos outros seis aspirantes ás tres prazas de División de Honra Plata que estarán en xogo os días 29, 30 de abril e 01 de maio.
Como xa ven sendo habitual resaltar a presenza de seareiros do Calvo Xiria na grada do Pavillón “La Arena” que de novo apoiaron sen descanso ao seu equipo.