Moi bo nivel o amosado polo Grupo Lemaco Xiria en Valencia

Moi bo nivel o amosado polo Grupo Lemaco Xiria en Valencia

Campionato de España Cadete Masculino: Sector G, Mislata (Valencia)

Con dúas vitorias e a derrota ante o máis que favorito Balonmán Mislata na primeira xornada, o Grupo Lemaco acadaba a segunda posición do Sector deixando unha excelente impresión de bo balonmán como equipo das Escolas Balonmán Xiria e non tendo problemas para superar aos conxuntos de Guipuzcoa e ao de Murcia.

Venres: C.BM. MISLATA 43 – GRUPO LEMACO XIRIA 26

Xogábase as mínimas posibilidades de poder facerse co Sector o Xiria na primeira xornada diante dos anfitrións o Balonmán Mislata, equipo chamado a estar si non ser o mellor de España da súa categoría, eran sabedores os carballeses de que si se sucedían as perdas de balón o equipo valenciano os aniquilaría as contras, tan só aguantou os primeiros 20 minutos no partido, a partir de aí o Xiria perdía a bola con facilidade ante a presión e o Mislata anotaba a contra, 20 a 14 ao descanso.
Na volta a pista o Grupo Lemaco volveu a ceder e perder varios balóns consecutivos distanciándose aínda mais no marcador os locais, pero non chegara o peor para o Xiria, Henrique Traba mancábase nada máis comezar esta segunda metade e perderíase todo o Campionato. O resto do partido foi un paseo para o Mislata que con moitísimo máis fondo físico cebouse co marcador para asegurar o sector, 43 a 26 final

Sábado: INMOZUMAIA PULPO EK 22 – GRUPO LEMACO XIRIA 33

Logo do acontecido o día anterior o máis importante era levantar o ánimo e demostrar o bo facer destes xogadores durante toda a tempada así como o balonmán que levan dentro, para elo o equipo saíu concienciado e medrou psicoloxicamente dando un paso moi importante como xogadores de balonmán, pese a non contar co seu xogador referente, lesionado o día anterior, foron quen de recompoñerse e firmar un tremendo partido diante dunha das mellores canteiras de Euskadi, o Balonmán Pulpo de Zumaia.

Domingo: GRUPO LEMACO XIRIA 30 – BALONMANO ÁGUILAS 21

Ao derradeiro partido chegaba o Xiria con moito desgaste físico e coa gran parte dos xogadores con molestias, pero non había escusas e o Grupo Lemaco amosouse moi superior ao Balonmán Águilas murciano, as gañas de competir dos xogadores que foron medrando minuto a minuto e día a día, non deron opción ao rival, que se viu desbordado dende o inicio polo xogo e boa defensa dos carballeses. Segunda vitoria, moi boas sensacións deixadas en terras valencianas e sobre todo gañas de volver ao Campionato de España, seguro que esta xeración o consigue, volverá a estar entre os mellores

Estes foron os compoñentes do equipo:
Porteiros: Antón Pardiñas e Samuel Soneira
Pivotes: Jorge Rodríguez e Álvaro García
Extremos: Brais Suárez, Maxi Díaz, Dani Periscal e Simón Viña
Primeiras liñas: Diego Mourelle, Marcos Suárez, Aday Gómez, Henrique Traba, Nico Cancela e Marcos Varela
Adestrador: Toni García
Delegados: Bruno Suárez e Alberto Periscal